jueves, 17 de mayo de 2007

Amencer...


Descóbreme núa,
estende a túa man de doce aspereza
cara o meu corazón esbrugado de intelecto
e acaricia os seus latexos que se fonden cos teus
nun ávido suspiro que exhala vida.

Fagamos construccións nas nubes
cos nosos dedos durante a noite
para espertar cun sol que alumea o meu calmo sorriso
lembrándome unha vez máis a sorte de estar viva.

E marchas con pés de lá coa luz primeira.
E tes que marchar, pero non me importa...
Acompáñame o moito que queda da noite que convertemos en día.

lunes, 14 de mayo de 2007

Recordo dunha noite

Noite. O teu alento na caluga,
agarimándome suave como peluxe de melocotón,
a man sobor da miña apertándoa con forza tenra,
unllas que rasgan sabas cheas de suor,
auga que percorre os corpos,
olladas que se evitan, curtas e inacabables.

Pernas entrelazadas entre teas brancas,
corazóns que baten álxidos nos peitos,
saliva que percorre camiños na espalda,
respiracións que se mesturan e semellan unha soa,
lentitude, éxtase, lume tardo, conforto frenético,
sensacións que conflúen baixo estrelas que debuxamos no teito.

Combinación de formas imposibles envoltas en fíos,
beizos con sede de dentes que os apreixen,
doce perda de consciencia,
pensamentos que collen tranvías con destinos descoñecidos
onde remataba a noite...onde comezaba eu... onde rematabas ti...

sábado, 12 de mayo de 2007

Soños...


Ás veces, só por un intre, soñamos con descansar,

con descubrir un lugar oculto e afastado onde deitarnos,

lonxe dos cravos que baten contra as nosas pálpebras

cuspindo duras realidades...


Pechar os ollos e agardar a doce aireixa da calma

que acariñe a nosa pel

coa suavidade das polpas que fan medrar as flores das cerdeiras.


Eu atopei o acougo nos teus ollos,

no percorrer do meu corpo cos teus dedos,

na apertura da túa boca en cada un dos teus sorrisos.


Unha illa á que cheguei núa e exhausta,

entre restos de naufraxio,

e á que agardo voltar

para escoitar o seu latexo

apoiando a miña face entre terra húmida...

martes, 8 de mayo de 2007

Soneto CXXIII

Fotografía dunha pequena tenda que me deixou marabillada nunha das miñas visitas a París, hai oito anos, xa...





Unha vez alguén me dixo que na ignorancia vívese feliz, pero eu máis ben penso que o único que nos pode facer realmente felices é pasar pola vida tropezando, coñecendo e asumindo tódalas nosas limitacións e os nosos erros...

Aí deixo algo de Shakespeare...


Tiempo, no has de jactarte de mis cambios:
alzas con nuevo brío tus pirámides
y no son para mí nuevas ni extrañas
sino aspectos de formas anteriores.


Por ser corta la vida, nos sorprende
lo antiguo que reiteras e impones,
cual si fuera lo nuevo que deseamos
y si no conociéramos su historia.


Os desafío a tí y a tus anales;
no me asombran pasado ni presente,
pues tus anales y lo visto engañan
al transformarse mientras te apresuras.


Por mí, te juro que he de ser constante
a pesar de tu hoz y de tí mismo.


Non preciso dicir máis...

Despedida


Rematou...

Non sei se foi alguén ou algo o que curtou o último fío que quedaba entre nós.


Paseando polas rúas baleiras de voces e cheas luces febles

aínda non sei moi ben se quero lembrar

todos eses momentos que percorreron as nosas veas entre fume e palabras,

aqueles bicos furtivos en portais de casas abandonadas.


Despídome de ti, temo que por sempre

e non sinto remorsos nin pena.

O noso tempo fuxiu, tentamos amarralo sen forza

e foise para non regresar...

Baixo luz parpadeante de farolas penso en ti.

Penso en ti e no noso adeus.




domingo, 6 de mayo de 2007

Berros


Hoxe, un berro contido coa lingua chea de espiñas.

Unha bágoa de cristal que quere saír e non pode, non da.

Un salouco que treme nas vísceras e queda na gorxa.


Hoxe gustaríame romper as paredes que hai ó meu redor,

as paredes que coa súa anguria aplastan as miñas ilusións e rompen os meus soños.


Hoxe a desesperanza non me deixa ver máis aló,

non me permite ollar os teus ollos claros e esquecer a dor que sinto,

a dor que me empurra ó baleiro máis absoluto.


Hoxe soidade. Acompañada, pero soidade ó fin e ó cabo.




Hoxe non foi un bo día...

martes, 1 de mayo de 2007

Velas


Aí vai o meu poema... o noso poema, porque é tan teu como meu. A última conexión entre ti e máis eu neste mundo.

Lino naquel preciso instante e estou segura de que se correspondeu no tempo co teu último alento. O meu corpo sabíao e as bágoas esvararon nese preciso intre polas miñas meixelas case sen decatarme.

Case dez anos despois, penso en ti cada día, dedícoche como pouco un pensamento, e día tras día continúo a pensar que todo sería moito máis doado se estiveses aquí, sendo partícipe das miñas alegrías e tristuras.

Poderías debuxar en min tantos sorrisos... aínda que segues a debuxalos porque gardo nun cofre que abro con frecuencia cada un dos recordos que teño de ti como fermosos e preciados agasallos. Si. Seguramente fuches o máis fermoso da miña vida e si, onde queira e mentres poida pensar, pensarei en ti.



VELAS

Los días del futuro están delante de nosotros

como una hilera de velas encendidas

-velas doradas, cálidas, y vivas.

Quedan atrás los días ya pasados,

una triste línea de velas apagadas;

las más cercanas aún despiden humo,

velas frías, derretidas, y dobladas.

No quiero verlas;

sus formas me apenan

y me apena recordar su luz primera.

Miro adelante mis velas encendidas.

No quiero volverme,

para no verlas y temblar,

cuán rápido la línea oscura crece,

cuán rápido aumentan las velas apagadas.


Bótote de menos.