Noite. O teu alento na caluga,
agarimándome suave como peluxe de melocotón,
a man sobor da miña apertándoa con forza tenra,
unllas que rasgan sabas cheas de suor,
auga que percorre os corpos,
olladas que se evitan, curtas e inacabables.
Pernas entrelazadas entre teas brancas,
corazóns que baten álxidos nos peitos,
saliva que percorre camiños na espalda,
respiracións que se mesturan e semellan unha soa,
lentitude, éxtase, lume tardo, conforto frenético,
sensacións que conflúen baixo estrelas que debuxamos no teito.
Combinación de formas imposibles envoltas en fíos,
beizos con sede de dentes que os apreixen,
doce perda de consciencia,
pensamentos que collen tranvías con destinos descoñecidos
onde remataba a noite...onde comezaba eu... onde rematabas ti...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario