Cansa e sen forzas, perdida na infinidade dun mar
no que afondei bágoa tras bágoa,
atopei os teus ollos cristalinos de cores verdes e azuis.
Desvestín as olladas ata alcanzar a máxima pureza
encamiñando a miña balsa de esperanzas afundidas
cara unha terra de densos rubores.
Escordei as miñas mans en cada golpe de onda
e voguei sen remos entre as túas, espidas de axexos,
en dirección á estrela máis luminosa e calma.
Océano. Océano todo ti e mais eu.
Océano que anega os nosos beizos cada vez que se bican,
océano que asolaga os nosos corpos cada vez que se unen,
océano que inunda torrencialmente os nosos peitos cada vez que confluén nun fondo e case único alento.
O meu desexo... continuar a navegar entre as túas augas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario