que dilata os poros ata facelos inmensos
mentres as nosas pupilas
adquiren o tamaño da lúa chea.
O son da auga xeada
que penetra nas rochas
marca o impecable compás
que seguimos en cada pulo.
Cavo nichos na area
onde soterrar palabras
que non quero esquecer,
tan profundos que o sangue
que escoa polas miñas mans
tínxeos do vermello da posta do sol.
Busco unha táboa que me impida
naufragar nas túas profundidades
e rescatar o pouco que quedará de min
no teu recordo despois da marusía.
1 comentario:
Moi boa a idea, moi bo o texto, e moi boa a foto. Lémbranme ós sentementos que teño no inverno polas praias de Caión, Barrañán, Razo... cando gusto escoitar a Mike Oldfield no mp3, e pensar... pensar en todo o que pasou no ano, tanto o bo, como o malo, o profesional e o persoal.
Xenial, segue así. Bs
Publicar un comentario