lunes, 3 de diciembre de 2007

Espolio

Chegaches ao meu reino
sen afán de conquista,
coas mans limpas
e sementando verdade coas túas palabras.

Cada un dos pasos que afundían
as miñas terras baixo os teus pés
agardaba un xesto de aprobación
e sempre preguntabas
antes de arrincar as flores
que cuspían as enredadeiras dos muros.

Acariñabas a cortiza das árbores
respectando o seu zume
e tan só recollías as follas
que atopabas tiradas no chan.

Camiñabas pola herba
escoitando o piar dos paxaros
sen tentar adiviñar de onde viña
ou ver as cores das súas plumas.

Observabas os solpores
cos ollos pechados para abrilos
cando sentías a miña presenza
ao teu carón cubrindo o oco
que conservaba a miña forma no banco de pedra.


Unha mañá espertei
abrazando o teu corpo ausente
e comprendín.

Non houbo efusión de sangue,
nin golpes,
nin feridas abertas na miña pel.

Non apreciei derrubamentos,
nin un só vidro roto,
ningún deterioro.

Pero nese intre entendín
que me desposuíras de todos os meus dominios
e que serían teus por sempre.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Oi, achei seu blog pelo google está bem interessante gostei desse post. Gostaria de falar sobre o CresceNet. O CresceNet é um provedor de internet discada que remunera seus usuários pelo tempo conectado. Exatamente isso que você leu, estão pagando para você conectar. O provedor paga 20 centavos por hora de conexão discada com ligação local para mais de 2100 cidades do Brasil. O CresceNet tem um acelerador de conexão, que deixa sua conexão até 10 vezes mais rápida. Quem utiliza banda larga pode lucrar também, basta se cadastrar no CresceNet e quando for dormir conectar por discada, é possível pagar a ADSL só com o dinheiro da discada. Nos horários de minuto único o gasto com telefone é mínimo e a remuneração do CresceNet generosa. Se você quiser linkar o Cresce.Net(www.provedorcrescenet.com) no seu blog eu ficaria agradecido, até mais e sucesso. If is possible add the CresceNet(www.provedorcrescenet.com) in your blogroll, I thank. Good bye friend.