miércoles, 21 de mayo de 2008

Os meus poros despiden fluídos
como esporas na busca do aroma do sexo
que farte os seus instintos naturais.


Un contacto que elimine o espazo
creado pola mestura de suor
entre dúas almas que se aman
alén dos límites físicos.


As efixes que creamos cos nosos moldes
gustarían de penetrarse mutuamente
as cavidades máis profundas
ata traspasarnos as vísceras.
Percorrerían cada palmo da pel do outro
ata sorbernos calquera rastro líquido
que puidese producir a nosa materia viva.
Disporían a súa descomposición en fíos
que entretecer ata cadrelar unha corda irrompible.
Derramarían o seu sangue
por pasar a eternidade nunha cela impenetrable
ata convertila no noso niño de liberdade
a cambio de non se separar xamais.


Os nosos corpos... Necesidade mutua.

4 comentarios:

Turista Patafísico dijo...

Necesidade mutua...nin un resto de escuridade máis que a necesaria para facer do noso cuarto un lugar máis acolledor ao lume das candeas.

Turista Patafísico dijo...

Necesidade mutua...nin un resto de escuridade máis que a necesaria para facer do noso cuarto un lugar máis acolledor ao lume das candeas.

Turista Patafísico dijo...

Saíume dobre...e ainda o berraría pola ventá...

the robot dijo...

Lino dobre... e aínda sairía descalza a berralo por todas as rúas molladas.